…a actividade coa que o alumnado de infantil de 5 anos do CEIP Felipe de Castro de Noia se achegou á poesía de Lois Pereiro.

As cousas poden facerse así de ben.

A man dereita á dereita do corpo,

a man esquerda á esquerda.

En plenas facultades,

teño a cabeza no centro do mundo

e voulle cambiando os argumentos

ós meus soños escasos e prudentes.

Vía Caderno de lingua

A través de Román Landín, de Caderno de lingua, souben que Pilar Ponte, a profa, vén de poñer en marcha @s prof@s, un planetaki (unha páxina onde ver todas xuntas un grupo de webs de temática ou intereses similares) no que se poden seguir os blogs do profesorado galego máis activo na rede.  Así resulta moito máis doado seguir as entradas, comentar e partillar.

Se eres prof@ e queres colaborar, só tes que enviar os teus datos a pilarponte.ensino@gmail.com.  Xa somos uns cantos: Ticblog, Música no Caxado, Mis apuntes musicalesCaladiños, Iniciarte, Remexer na linguaRevolta da freixa, Carta xeométrica, o blog de Xosé Antón, o de César Salgado

premios_dardo_2008_best_blog_darts_thinkerDesde o imprescindible Caderno de lingua, o blog de Román Landín, chegoume un Prémio Dardo.

«Com o Prémio Dardos reconhecem-se os valores que cada blogger, emprega ao transmitir os mesmos por culturais, éticos, literários, pessoais, etc., que, em suma, demonstram sua criatividade através do pensamento vivo que está e permanece intacto entre suas letras, entre suas palavras. Esses selos foram criados com a intenção de promover a confraternização entre os bloggers, uma forma de demonstrar carinho e reconhecimento por um trabalho que agregue valor à Web.

Este Prémio obedece a algumas regras:
1) Exibir a imagem do selo;
2) Linkar o blogue pelo qual se recebeu a indicação;
3) Escolher outros blogs a quem entregar o Prémio Dardos.»

E os meus dardos van para…

Os papalibros, o club de lectores do IES de Melide, polo pracer compartido.

A familia dos Tartarouchos, pola tenrura.

A Regueifa,  por unha escena para o rock galego.