No I.E.S. As Bizocas, desde a biblioteca e o departamento de música, temos xa convocada a quinta edición do concurso de poesía no que fundimos letra e música.  As bases indican que a data de recepción de orixinais remata o 29 de abril e a entrega de premios será, coma sempre, no festival Música nas túas palabras.

Grazas a todos os que vindes mostrando o voso interese por esta iniciativa, moitos desde que comezamos, no curso 06-07. En especial desta volta, a Román Landín e a Pilar Ponte Patiño, por acollernos nos seus respectivos (e recomendabilísimos) blogues.

O ensino é unha acción, abofé!

Advertisements

Mañá 22 de xuño, imos celebrar a cuarta edición do festival Música nas túas palabras no que a Orquestra Orff IES As Bizocas vai ter unha nova oportunidade de presentar ante o público o seu repertorio.

Desta volta o programa está repleto das músicas de Jos Wuytack e tampouco vai faltar A lúa parece azul…, o poema gañador do IV Certame de poesía Xosé A. Barral, escrito pola alumna do IES nº1 de A Estrada Minerva Cao Puente.

A cita, ás 20:00 h, na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey de O Grove.

Déixovos a invitación, por se vos animades.

Hoxe, coa axuda do persoal subalterno e administrativo do I.E.S. As Bizocas; de Marta, Rosa e Julio, quedaron preparados os lotes de poemas para enviar aos membros do xurado do IV Certame de poesía Xosé A. Barral, que vaise fallar o 19 deste mes.

Chegaron de Lugo, de Malpica, de Betanzos, da Estrada, de Santiago, moitos de Vilalonga, de Sanxenxo.  En total son 66 os poemas presentados ao concurso, o que supón un novo record de participación e folgos renovados para levar adiante toda a tarefa que queda ata o vindeiro Música nas túas palabras.

Mil e unha grazas a tod@s, e non abondan.

Para traducir ao castelán ou ao portugués

A poucos días estamos xa de que a Orquestra Orff I.E.S. As Bizocas participe no Concerto da Primavera que terá lugar o vindeiro sábado 20 de marzo, ás 18:00 horas -hora portuguesa-, no auditorio do Instituto de Enxeñaría de Porto (Portugal).

Foi no pasado novembro cando recibemos a invitación da Associaçao Wuytack de Pedagogía Musical daquela cidade e desde entón mergullámonos en todo o proceso de preparación do concerto; selección do repertorio, ensaios, darlle perfil aos detalles técnicos e loxísticos da nosa participación…e todo coa axuda inestimábel de  Graça Boal Palheiros.

Total que para alá imos ir os 22 integrantes da orquestra e os máis de 50 acompañantes; nais, pais, irmáns, curmáns, tíos, tías, avós, avoas… O Grove in motion!!!

Por certo: nós imos tocar tres obras de Jos Wuytack:  Suite de danzas españolas, Mini variacións xeográficas sobre Se Canto e Bolero.

Para traducir ao castelán ou ao portugués

E  xa van catro edicións, como pasa o tempo!

Pois iso:  no IES As Bizocas vimos de convocar unha nova edición deste concurso de poesía para o alumnado da ESO e  Bacharelato.  As bases din que teñen ata o 5 de abril para presentaren os seus orixinais en lingua galega.  O fallo coñecerase tamén a través dos medios de comunicación 0 19 dese mesmo mes.

A finais de xuño, nova edición do festival Música nas túas palabras, que xa está quecendo motores a Orquestra Orff pois antes, o 20 de marzo, saímos ao estranxeiro, a Porto, invitados pola Asociación Wuytack de Pedagoxía Musical.   Si, xa sei… é que pasado o istmo da Lanzada, todo nos parece estranxeiro.

A foto é de Inacio Martínez-Almeida

Para traducir ao castelán ou ao portugués