A través de Román Landín souben de SonCine, iniciativa que desde o 2006 introduce o audiovisual no IES de Porto do Son, poñendo en valor a capacidade creativa do alumnado e o compromiso dun grupo de docentes entusiasmados coa idea de aproveitar as oportunidades que están ao noso alcance grazas as novas tecnoloxías.

SonCine está coordinado polo profe David Pérez, que conta ademáis coa colaboración de profesionais coma Manuel Oliveira “Pico” ou Víctor Fábregas, coñecidísimo no noso país como un dos Tonechos, e lévase adiante integramente en lingua galega. Si, na nosa lingua tamén se poden levar adiante proxectos dun alto nivel tecnolóxico.

Coa curtametraxe Nico, acadaron o Premio á innovación educativa da Xunta de Galicia e a TVG mercoulles os dereitos de emisión, cos cartos invertiron  nun equipo de produción mínimo que se alimenta das horas e horas que @s implicad@s meten nun proxecto que anima a seguir coa teima de que o ensino é a principal forza transformadora dun país, deste ou de calqueroutro.

Déixovos coa curta Mar.  A historia dun profesor atrapado pola traxedia, a historia dunha alumna (olliño con Antía Maneiro…) no seu último día de clase.

Parabéns ao IES do Porto do Son, menudo luxo!

[Vimeo 8107901]

En Guerrilla home recording, de Karl Coryat, un atopa o abc das técnicas de gravación, edición, mestura e masterización de audio desde o punto de vista do made in feito na casa.

Está escrito dunha maneira directa e cheo de consellos prácticos, e aínda que case exclusivamente centrado no rock e no pop, este é o libro que precisas se o que queres é comezar ou poñer unha pouca de orde en todas esas cousas que sabes mais, no fondo, non sabes.

Material básico que se precisa para traballar, manexo de efectos de dinámica, modulación, automatizacións, reamping…unha aproximación que anima a facer e a seguir achegándose.

Teño que confesar que levo moito tempo dándolle voltas á idea de abrir neste blog unha serie especialmente adicada ao emprego das tecnoloxías da comunicación e da información no ensino da música e, en xeral, ao seu uso, produción e disfrute.

E como son tantos os recursos e tantas as ferramentas, precisaba dun fío condutor que servira para estruturar o discurso.  Para elo non se me ocorreu mellor camiño que empregar o Certame de poesía Xosé A. Barral e a Orquestra Orff IES As Bizocas como pretextos e espazos onde o uso das novas (algunhas xa non tanto) tecnoloxías é habitual e, eu diría, imprescindible.

Comezarei polo editor de partituras.  A aplicación na que escribo as novas composicións e os arranxos para a orquestra e coa que tamén transcribo as partituras doutros autores para poder manexalas, extraer as partes, oíla…

Eu emprego Finale, hai outros editores de partituras mais a loita semella que está entre Finale e Sibelius.  Non teño demasiada experiencia con Sibelius, ten a sona de ser  un programa estable, intutitivo e chulo…pero eu casei con Finale fai xa mil anos ou así e aprezo, entre outras cousas, o amplo desplegue de instrumental orff que exhibe na súa paleta.

No seu debe, anotar que é moi caro (aínda que se eres profe podes conseguilo á metade de prezo, uns 300 €, nun famoso almacén de instrumentos alemán de venda on line, só precisas un certificado da dirección do teu centro), mais o problema do prezo é común a todo o software profesional, e tampouco é demasiado estable, en estándares macintosh. Aínda que mellorou moito con algunha que outra actualización.

Para sacarlle o máximo partido é imprescindible ter dominadas as funcións Speedy entry, polo que escreves co teclado numérico, e Hyperscribe, pola que cunha configuración midi en condicións escreves mentras tocas. Unha vez que controlas os rudimentos da aplicación a usas para todo: composición, estudo, realización de exames…

A modo de mostra déixovos un borrador da Gymnopedie nº1, de E. Satie, na que estou traballando.  Este ano contamos poder tocar as tres coa Orquestra Orff.

Para traducir ao castelán ou ao portugués

Lendo a última convocatoria de axudas a proxectos tic da Consellería de Educación e O. U. para o vindeiro curso 2008-2009 un pode interpretar que tal vez xa non sexa posible seguir pensando as aplicacións informáticas (procesador de textos, programa de presentacións, os específicos de cada materia, etc) coma un fin e non coma un medio ou seguir empregando a internet coma a televisión ou un teletexto sofisticado.

Atopei esta conferencia en ´agora rede, unha comunidade que aposta polo intercambio de experiencias e ideas co obxectivo de incorporar as tecnoloxías da información e comunicación na práctica docente. Quizais sexa ese un dos retos máis estimulantes que temos xa diante nosa.

De todo isto nos fala Jordi Adell na conferencia: Actividades didácticas para o desenvolvemento da competencia dixital.  Unha estupenda introducción para entendermos mellor o que está acontecendo.