Unha música culta coa carga emocional dun berro de combate. A esa definición, que asina Ted Goia en The History of Jazz (da que hai tradución ao castelán en Fondo de cultura económica), e a moitas outras responde o jazz. Probablemente non haxa outra música que case ao tempo e tan ben os principios da arte dos artistas e as quimeras da arte popular. Poucas músicas coma o jazz con tanta capacidade de integrarse e mesturarse coas músicas de todo o mundo.
Aínda que fiado cos grandes nomes do xénero: Armstrong, Ellington, Parker, Davis…este libro serve coma introdución e algo máis; párase nas biografías e recomenda unha discografía básica na que están todos e asómanse os que faltan: As sesións en directo no Village Vanguard de Bill Evans, con Scott LaFaro e Paul Motian (se sempre che gustou o piano de jazz mais nunca soubeche por onde comezar…); os estralos impresionistas de Coltrane en A love supreme, o menos é máis no jazz modal de Miles Davis en Kind of blue…de todo houbo desde os tempos de Sidney Bechet, e o que queda!