Conta Raymond Holden en The virtuoso conductors (Yale University press, non sei se hai tradución), que aínda que Mendelssohn ou Berlioz foron talentosos e respectados directores de orquestra, foi o estilo de Richard Wagner o que marcou a pauta a seguir polos grandes que lle sucederon; Bülow, Nikisch, Mahler, Weingartner, Richard Strauss, Bruno Walter, Klemperer, Fürtwangler e Das wunder Karajan.  Todos grandes sacerdotes da tradición musical austro-xermana, conscientes depositarios dunha cultura que viña forxándose, polo menos, desde os tempos de J. S. Bach.

O libro fala do que lles pasou a todos eles nos comezos e no cumio, mergúllase nos detalles da súa técnica de ensaios, en como usaban a batuta ou nos tempi que preferían, conformando un completo e ameno retrato de cada un desde unha perspectiva profundamente musical.

Para traducir ao castelán ou ao portugués