O venres pasado achegueime con Sowel á Casa da Cultura de Boiro, onde tiña lugar a gala de entrega dos premios Olloboi, da que xa vos falei no post anterior. Iamos por que o video Musicando Arbo, o último que fixen como responsable do proxecto da Orquestra Orff IES As Bizocas, estaba nominado en dúas categorías; ao mellor guión e ao Olloboi escolar. E gañamos! De entre os 87 traballos presentados ao concurso o xurado considerou que o noso era merecedor do Olloboi 2012 ao mellor guión.
Non teño máis que palabras de agradecemento aos que fixestes posible aquela aventura tan emocionante, á xente do Grove, que a fixo propia desa maneira única que teñen os mecos, e aos organizadores dos premios Olloboi por que a súa é unha iniciativa que parte dos mesmos pretextos.
Non me cansarei de dicilo: O ensino é unha acción.