a canción de Manuel tvgTempo haberá para recapitular todo o feedback que un ano máis estamos recibindo a resultas de A canción de Manuel, un proxecto de concienciación do Transtorno do espectro autista, que a través do audiovisual levamos adiante a miña muller e máis eu, do que vos veño falando nos últimos días.

De entre as publicacións e entrevistas que estamos realizando deixamos agora a presentación que o mesmiño telexornal da televisión pública galega fixo na edición de hoxe.

Premendo na imaxe accededes ao video.  Aí andamos.

Advertisements

Unha nova estupenda da blogosfera;   Alto alto como una montaña, é a aportación de Olga Lalín e Esther Medraño ás webs adicadas ao Transtorno do Espectro Autista.  Unha ollada limpa e lúcida deste dentro, con compromiso, sensibilidade e moito talento, como o que tamén amosa a miña compañeira Luz Beloso, autora da ilustración da cabeceira.

Si, xa sei que Olga é ademáis a miña muller e Esther a terapeuta do noso fillo Manuel , e quizáis pensedes que por iso a miña opinión non é moi obxectiva pois ben: estades equivocados.

Moitos parabéns ás 3!

É hoxe, 2 de abril, unha data que a miña muller Olga e eu agardábamos.  A pouco de facer un ano desde que o noso fillo Manuel ten o diagnóstico definitivo de Transtorno de Espectro Autista, teimábamos sobre como aportar algo á loita pola integración das persoas con autismo, á loita por derrubar os falsos mitos que o arrodean e por valorar o traballo constante de tantas familias que conviven con el.

O resultado é este video con canción que vos animamos a compartir.