Eu tiña un amigo que dicía que Mozart nunca falla, porque é coma os Beatles.  A min paréceme que Mozart é máis ben coma Joni Mitchell.

Nacida en Alberta, Canada, en 1943, esta perfecta descoñecida para o gran público é a autora dunha das coleccións de cancións máis valiosas e influíntes da música popular.  Hoxe escoitei Blue, o seu cuarto disco, editado en xuño de 1971.  Nel Joni toca a guitarra, o piano e o dulcemel dos Apalaches (!) e acompáñanna, entre outros, Stephen Stills e James Taylor.  As cancións falan de amor, da paz que faltaba (Vietnam) e das viaxes iniciáticas que non fan máis que alimenta-la morriña nun tempo no que ela mesmo confesaba sentirse coma o envoltorio de celofán dun paquete de cigarros.

Dicía ao principio que Mozart é máis ben coma Joni Mitchell porque ámbolos dous comparten o alento melódico, eses arcos infinitos nos que voan as palabras.

Advertisements

música nas túas palabras 2007

Marsch der priester, a marcha coa que se abre o segundo acto do singspiel  “A Frauta Máxica”, de W. A. Mozart (1756-1791), foi a primeira peza que interpretou a Orquestra Orff do IES As Bizocas na súa estrea pública, no Música nas túas palabras do 2007.

Á hora de orquestala para instrumental orff respetei básicamente a peza orixinal e, a modo de modesto descubrimento, comprobei que as partes de vento metal do orixinal casaban moi ben cos xilófonos.

Aquí vola deixo.

Para traducir ao castelán ou ao portugués