En 1637 unha compañía romana levou a ópera a Venecia, ao teatro San Cassiano, o primeiro ao que se podía acceder mediante a adquisición dunha entrada. Desde ese mesmo momento o novo xénero fíxose tan veneciano como para considerarse a cidade o seu fogar natural. Pioneiros como Claudio Monteverdi tiveron unha segunda oportunidade coa estrea de obras imprescindibles como L´incoronazione di Poppea e compositores posteriores como Francesco Cavalli, Cesti, Alessandro Scarlatti, Antonio Vivaldi ou mesmo Händel remataron de facer da ópera o que desde o proncipio se pretendía: a obra de arte total.
Benedetto Marcello (1686-1739), un de tantos compositores (aristócrata dilettante, para ser máis precisos) tan famosos no seu tempo como agora descoñecidos para o gran público, foi o autor do libriño El teatro a la moda (Alianza Música, 2001), unha testemuña impresionante do mundo do dramma in musica barroco; dos empresarios, dos cantantes e dos aspectos técnicos que farán as delicias dos intérpretes e melómanos que se acheguen a esta lúcida sátira prologada con proveito polo musicólogo Stefano Russomano.
Cecilia Bartoli e Il Giardino Armonico fannos aquí unha aproximación.

Preguntado polo que sentía ao recibir un premio dos grandes, un famoso escritor latinoamericano (creo que era Mario Benedetti, aínda que non estou seguro seguro seguro) non acertou a dicir nada máis que remordimientos. Semella que se hai algo compartido entre os artístas (entre os de éxito e os máis anónimos) é a inseguridade pola propia valía, e o medo perpetuo a non pasar nunca de ser un imitador mediocre ou simplemente un impostor.

…ou The Wonders, como se titulou aquí, é unha película que nin deseñada para o alumnado de música de 2º da E.S.O. Estreada en 1996 e escrita e dirixa por Tom Hanks,
Noqueados, coa boca aberta estabamos xa aos 15 segundos (!) de
Máis dos Beatles. Desta volta con El sonido de los Beatles (Indicios 2011), un libro especialmente revelador sobre os catro de Liverpool, centrado nas súas aventuras nos estudios de gravación a través do que foi o seu enxeñeiro de cabeceira, Geoff Emerick, que con só 15 anos entrou a traballar como asistente nos estudios Abbey Road, en Londres, para chegar a ser, apenas cinco anos despois, o máximo responsable da gravación do mítico album Sgt. Pepper´s Lonely Hearts Club Band.
Tiña pendente un post sobre o comezo do curso e o primeiro que fixen foi repasar os que escribín con motivo do comezo dos dous anteriores, a ver se había algún fío condutor, ou unha tendencia que explicase por si mesma o cariz que, ao longo prazo, van tomando os acontecementos.
Iníciase con esta película unha nova sección no blog, adicada ao cinema musical e, en xeral, ao cinema coa música como contexto ou como pretexto.
